galego es

Os Xeitosos

de Trazo

Asociación cultural

Inicio

Sobre a Asociación

xeitosos_inicio2“Os Xeitosos de Trazo” nace por iniciativa municipal no inverno do ano 1979. Comeza como grupo de gaitas e cuns doce membros en total. Unha vez asentados e pasados xa ao redor de dous anos, dan comezo as clases de baile e con iso incorpóranse as primeiras mulleres á agrupación, pasando a ser máis de 30 persoas

Baralláronse varios nomes á hora de identificar a asociación, pero ningún acababa de ser o elixido. Ata que nun ensaio, un dos compoñentes inconscientemente sacou un pequeno peite do seu peto fixándose na marca deste… “A Xeitosa”. Ninguén sospeitou naquel momento que ese distintivo sería o encargado de dar a idea para que todos se puxesen de acordo en nomear ao grupo como ” Os Xeitosos de Trazo”.

Tras varios cambios de local de ensaio e de profesorado chegamos á actualidade, na que formamos parte dun conxunto formado por ao redor dun centenar de persoas. Os integrantes están repartidos nas escolas de baile tradicional, gaita e pandeireta, os cales están divididos segundo as idades destes. Tamén se organizan cursos na propia asociación, como o de acordeón ou de iniciación ao baile tradicional para adultos.

xeitosos_inici1Mostramos o noso traballo por toda a comunidade autónoma galega e nestes últimos anos vimos desenvolvendo actuacións tamén fóra de Galicia e mesmo no estranxeiro. Así mesmo, no ano 2009 asistimos ao Festival Intercéltico Beltaine (en Avilés), e ao Festival Intercéltico de Saint Loup (en Francia). Participamos tamén en numerosos concursos de baile tradicional e de pandereteiras, conseguindo varios premios en distintas categorías.

Anualmente realizamos un festival no noso concello, ao cal invitamos a grupos cos que facemos intercambios polo resto do país e Portugal.

“Con moito xeito”

No ano 2008 prodúcese a presentación do noso primeiro disco. Un traballo creado para dar a coñecer a recompilación de parte da nosa música, composta durante a súa extensa traxectoria e que ten a súa orixe en 1979, ano no que se fundou esta asociación cultural.

O disco titulado “Con moito xeito”, fai referencia ao coidado, ao cariño e sobre todo, ao empeño e tempo dedicado na súa creación.

Espectáculo

A representación da cultura tradicional dá comezo ao entrar en escena a banda de gaitas interpretando pezas do seu repertorio. Pouco despois dáse paso a gozar das voces das pandereteiras tocando e cantando ritmos de muiñeiras, maneos, valses, etc. Por último tócalle a quenda ao grupo de baile, que con grande alegría representa o baile tradicional galego transmitindo ao público un espectáculo moi especial.

Todo isto é unha pequena mostra do traballo de recuperación da cultura da Nosa terra, transmitida oralmente entre xeracións.

Axenda

Neste calendario poderás velos días e lugares onde actuarán Os Xeitosos de Trazo.



AEC v1.0.4

Escola

Información sobre as clases de música e baile que ofrece a Agrupación Cultural Os Xeitosos

Nome Profesor 1

prefil Foto e datos do profesor 1 coa explicación das clases

Nome Profesor 2

prefil Foto e datos do profesor 2 coa explicación das clases

Contacto

Gracias!Xa recibimos a tua mensaxe.

nome

email

mensaxe

osxeitososdetrazo@osxeitososdetrazo.es